Uzyskaj dostęp do tej i ponad 240000 książek od 14,99 zł miesięcznie
«O día anterior, tan solitario e aburrido; e hoxe, tan acompañado polas túas cartas!» Sabela recibe da súa avoa unha terrible herdanza: unha caixa ateigada de fragmentos de vida. Nela, ademais dun monllo de cartas hai toda unha arqueoloxía de pequenos tesouros: envoltorios de azucre, panos de mesa de cafeterías diversas, recortes con debuxos e postais do Museo do Prado. Todo un rastro documental dun namorado do que nunca se escoitara falar na familia. A través desta herdanza, Sabela tenta recompoñer a identidade secreta da súa avoa e a verdade sobre un home que escribía desde as sombras dun tiránico servizo militar. Pero mergullarse nos silencios alleos implica un risco: descubrir que o pasado sempre regresa, como o can ao trousado, teimudo e inevitable, para reclamar o seu lugar no presente. Nesta complexa novela epistolar, a memoria funciona como un crebacabezas de papel onde cada sobre aberto é unha ferida que cicatriza ou unha desaparición que, por fin, comeza a explicarse.
Ebooka przeczytasz w aplikacjach Legimi na:
Liczba stron: 1596
Rok wydania: 2026
Odsłuch ebooka (TTS) dostepny w abonamencie „ebooki+audiobooki bez limitu” w aplikacjach Legimi na:
